#ACULTURASEGUE
Sons barrocos. Raúl Andrade García
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Gravación dun concerto de música barroca para dúas trompetas e órgano celebrado na padronesa igrexa de Santa María de Iria Flavia o 25 de setembro de 2020.
O concerto foi interpretado polos trompetistas Rodrigo Iglesias Silva (graduado no Conservatorio Superior de Música de Vigo e especializado en interpretación no posgrao da Real Filharmonía de Galicia) e Raúl Andrade García (estudante do Conservatorio Superior de Música de Vigo e colaborador en diversas orquestras), acompañados polo organista Adrián Regueiro García, quen combina o seu labor de organista da Catedral de Santiago cos seus estudos de Grao Superior de Órgano na ESMUC de Barcelona.