Volver

#ACULTURASEGUE

Obxectivo en Galicia. Elemental Chefs

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Serie documental de 5 episodios coa finalidade de dar a coñecer distintos xeitos de entender a fotografía e de ver o Camiño de Santiago, a súa xente e os seus lugares, a través da ollada de 5 autores: Ricardo Grobas (fotoxornalismo), Kiko Arcas (natureza), Aitana Tubío (foto artística), Claudia Silva (moda e retrato) e Janite Lafuente (música e eventos). Son cinco perfís moi diferentes, pero cun denominador común: capturar o espírito dunha terra. O fotógrafo Mateo Hernández ofrece en cada un dos capítulos unha entrevista a cada un dos artistas e unha escolma dos seus traballos.