#ACULTURASEGUE
Mans Xuntanza Creativa. Fundación Paideia
Reportaxe que recolle a experiencia da Residencia de creación e promoción do talento musical galego emerxente realizada nos Estudios Mans da Fundación Paideia ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.
Durante a semana en que se celebrou a residencia, foise documentando en formato audiovisual o proceso creativo desenvolto alí. En diversas entrevistas aos participantes recolléronse as sinerxías, as dificultades, o esforzo e a xenialidade dos artistas.