#ACULTURASEGUE
Obradoiro de estilo. Javier Peña López
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Estes tres vídeos recollen un obradoiro de estilo literario impartido no marco do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 cos obxectivos de dinamizar a lingua galega e enriquecer o seu acervo literario mediante a formación de persoas que escriban obras de calidade publicables.
É un taller dirixido a un público adulto non profesional da escrita. Está estruturado en tres clases en liña de dúas horas cada unha nas que se abordan os seguintes temas: estilo literario, descrición e diálogos.
Javier Peña é autor da novela Infelices, creador, profesor e coordinador do Obradoiro de novela Cidade da Cultura e creador do Taller Casa Blackie de Novela.
Vídeo 1. Esta sesión do obradoiro estivo dedicada á procura dunha voz literaria propia.
Vídeo 2. Nova sesión do obradorio de Javier Peña centrada na descrición.
Vídeo 3. A terceira e derradeira clase de Javier Peña céntrase na construción dos diálogos no conto e na novela.