#ACULTURASEGUE
Por vir. Zeitun Films
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Documental que propón un retrato íntimo e espontáneo da mocidade galega a través da percepción que teñen os adolescentes da paternidade e da maternidade. O obxectivo deste proxecto é conformar un espazo de reflexión, debate e colaboración que lles permita aos mozos e mozas protagonistas expresar abertamente o seu sentir, compartir os seus desexos, dúbidas ou medos respecto a temas como a sexualidade, a educación sexual e a identidade sexual, a adultez e a madurez, a responsabilidade, a obriga ou o deber, así como a súa perspectiva arredor de conceptos como a familia, as relacións de parella ou o futuro.O fin último desta experiencia é trazar un retrato colectivo que nos axude a albiscar a proxección que a nosa xente moza albisca do seu propio futuro.