FALAREDES 2021
Falade galego, rapazada
O coñecido cómico e actor Pepo Suevos propón un monólogo humorístico creado a partir da súa propia experiencia para animar os millenials a empregar a lingua propia de Galicia en todas as situacións da súa vida diaria.
O espectáculo fará parada este verán en seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Viveiro, Moaña, A Laracha, O Pereiro de Aguiar, A Estrada e Carral.
| Axenda de FalaRedes 2021. Falade galego, rapazada | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Sábado 31 de xullo, ás 19:00 horas | Teatro Pastor Díaz | Viveiro | Lugo |
| Domingo 15 de agosto, ás 22:00 horas | Praza Olonne Sur Mer | A Laracha | A Coruña |
Sábado 21 de agosto, ás 20:30 horas | Praza do Concello | O Pereiro de Aguiar | Ourense |
| Domingo 22 de agosto, en hora por confirmar | Festa do Mel. Espazo por confirmar | Moaña | Pontevedra |
| Venres 17 de setembro, ás 20:30 horas | Praza do Mercado | A Estrada | Pontevedra |
| Sábado 25 de setembro, ás 20:00 horas | Local Cultural Tabeaio | Carral | A Coruña |