FALAREDES 2021
A máquina do tempo
A compañía Teatro dos Ghazafellos volve ao FalaRedes cunha divertida proposta para público familiar: A máquina do tempo. Trátase dun espectáculo participativo que ilustra de xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións.
Coa axuda dunha sorprendente escenografía, a doutora Mon (Montse Piñón) e o seu axudante Pe (Pepablo Patinho) levarán os nenos e nenas a facer un apaixonante percorrido pola historia.
A máquina do tempo chegará este verán a cinco concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Arzúa, Aranga, A Bola, Lalín e Xove.
| Axenda de FalaRedes 2021. A máquina do tempo | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Sábado 21 de agosto, ás 18:00 horas | Área recreativa da Veiga | A Bola | Ourense |
| Sábado 28 de agosto, ás 12:00 horas | Praza do concello | Xove | Lugo |
| Domingo 5 de setembro, ás 19:00 horas | Praza da Igrexa | Lalín | Pontevedra |
Sábado 11 de setembro, ás 12:00 horas | Área recreativa (ao lado do concello) | Aranga | A Coruña |
| Sábado 11 de setembro, ás 18:00 horas | Multiúsos Terra do Queixo | Arzúa | A Coruña |