Volver

FALAREDES 2021

Circo Galaico

  • Circo Galaico. Detalle do cartel

    Circo Galaico. Detalle do cartel

Espectáculo de monicreques para público familiar onde a maxia e o fantástico se mesturan co autóctono.

Circo Galaico é un espectáculo orixinal que quere converter os animais salvaxes da fauna galega, representados por marionetas talladas artesanalmente en madeira, en protagonistas. Estes asisten á chamada do mestre de cerimonias para faceren alarde das súas proezas -forza, equilibrio, danza, malabares....- ao son da música tradicional.

Con este proxecto, Títeres Alakrán aspira, non só a poñer en valor o noso patrimonio inmaterial musical, senón sobre todo a potenciar a lingua como vehículo da arte e da cultura, favorecendo o seu uso a través dunha proposta interactiva e participativa a partir dos xogos e das adiviñas que se propoñen.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Circo Galaico
Data e hora Lugar Concello Provincia
Venres 6 de agosto, ás 20:00 horasNos xardíns da biblioteca Baiona Pontevedra
Sábado 7 de agosto, ás 20:00 horasPraza de Fontao Foz Lugo
Domingo 8 de agosto, ás 12:30 horasPraza da Constitución Vilalba Lugo

Venres 13 de agosto, ás 19:30 horas

Fronte á biblioteca municipal A Laracha A Coruña
Sábado 11 de setembro, ás 18:00 horasMalecón, a carón do ríoO Barco de Valdeorras Ourense
Sábado 18 de setembro, ás 12:00 horas Banda do Río Bueu Pontevedra
Sábado 2 de outubro, ás 18:00 horas Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns Betanzos A Coruña
Domingo 3 de outubro, ás 19:00 horasCasa da Cultura Manuel María Barbadás Ourense