FALAREDES 2021
A eira do paporrubio
Espectáculo-obradoiro de xogos, monicreques, música e tradición oral para familias con rapaces maiores de dous anos.
A eira do paporrubio desenvólvese nun espazo soñador e máxico onde conviven animais domésticos e non tan domésticos, que serán os protagonistas das fábulas.
As galiñas andan esfameadas agardando polo millo que celosamente coida o espantallo. O ratiño coñece o lugar secreto onde se gardan os mellores queixos. A raposa anda axexando un despiste do can de palleiro, que é o encargado de poñer orde nesta rebuldeira eira. Na aldea dos paxaros hai sempre cantos, bailes e contos. O boi marelo sempre anda a presumir dos seus cornos, a ra de santón come un día si e outro non e os lagartos pasan o día a tomar o sol mentres os sapoconchos andan ás carreiras.
Soa un acordeón… o paporrubio sae da súa casa cos zocos de bailar. Nenos e nenas, benvidos ao espectáculo!
O proxecto, desenvolvido por Luchi Iglesias e Carlos Quintá dentro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, mestura música e xogos tradicionais con outros de creación propia que farán que os nenos e nenas gocen dunha divertida xornada descubrindo os segredos e costumes da vida na eira.
A actividade comeza a súa andaina dentro do FalaRedes o 11 de agosto na Cidade da Cultura de Galicia, de 18:00 a 20:00 horas. Nas seguintes semanas, fará parada en Brión e Porriño.
| Axenda de FalaRedes 2021. A eira do paporrubio | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Mércores 11 de agosto, ás 12:00 horas | Cidade da Cultura | Santiago de Compostela | A Coruña |
| Domingo, 5 de setembro, ás 12:00 horas | Carballeira de Santa Minia | Brión | A Coruña |
| Sábado 11 de setembro, ás 11:00 horas | Praza Arquitecto Antonio Palacios | O Porriño | Pontevedra |