Volver

FALAREDES 2021

Language Planning

  • Language Planning. Detalle do cartel

    Language Planning. Detalle do cartel

A compañía teatral os Quinquilláns trae este outono á Rede de Dinamización Lingüística o espectáculo Language Planning.

Trátase dunha comedia retranqueira destinada a público de máis de 9 anos que foi creada a partir dalgúns dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende para reflexionar sobre a situación da lingua galega.

Da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes Language Planning fará parada nos concellos de Ames, Abegondo, Guitiriz, Xinzo de Limia e Caldas de Reis.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Language Planning
Data e hora Lugar Concello Provincia
Sábado 2 de outubro, ás 19:00 horasAuditorio da Casa da Cultura Xinzo de Limia Ourense
Venres 8 de outubro, ás 20:30 horasAuditorio do Milladoiro Ames A Coruña
Domingo 10 de outubro, ás 19:00 horasAuditorio municipal Caldas de Reis Pontevedra
Domingo 17 de outubro, ás 18:00 horasCentro Cultural O Salón Abegondo A Coruña
Sábado 23 de outubro, ás 18:30 horasCasa Habanera Guitiriz Lugo