FALAREDES 2021
Laretando nas lareiras
O mago Martín Camiña e a Maga Fani chegan ao programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo de ilusionismo para público familiar, que emprega o humor e a participación para recuperar a memoria do que somos e o valor da nosa lingua.
Tras o seu paso por Ribeira, poderá verse este outono en Lalín e Viana do Bolo.
| Axenda de FalaRedes 2021. Cómica de lingua | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Venres 16 de xullo, ás 22:15 horas | Praza da Porta do Sol | Ribeira | A Coruña |
| Martes 21 de setembro, ás 18:00 horas | Praza do antigo concello | Lalín | Pontevedra |
| Venres 29 de outubro, ás 18:00 horas | Casa da Cultura | Viana do Bolo | Ourense |