Volver

FALAREDES 2021

Sabios, xogos e xograres

  • Sabios, xogos e xograres. Detalle do cartel

    Sabios, xogos e xograres. Detalle do cartel

Este 2021 cúmprese o oitavo centenario do nacemento de Afonso X, o rei sabio, o que compuxo en galego as Cantigas de Santa María, unha das obras cume da poesía e da música medievais europeas.

Como parte da celebración deste acontecemento, o programa de dinamización lingüística FalaRedes propón, entre outras iniciativas, Sabios, xogos e xograres. Ambientada na época do rei-poeta Afonso X, a actividade inclúe unha presentación inicial, un obradoiro de xogos medievais e unha competición de xogos ao vivo.

Sabios, xogos e xograres chegará a partir do 26 de setembro a Cedeira, Santa Comba, Tomiño, O Grove, San Cristovo de Cea, Monterroso e Quiroga.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Sabios, xogos e xograres
Data e hora Lugar Concello Provincia
Domingo 26 de setembro, ás 17:00 horasPraza Maior San Cristovo de Cea Ourense
Xoves 21 de outubro, ás 17:30 horasBiblioteca Pública Monterroso Lugo
Sábado 30 de outubro, ás 11:00 horasEscola Obradoiro de Goián Tomiño Pontevedra
Venres 5 de novembro, ás 18:00 horasCasa da Cultura O Grove Pontevedra
Sábado 6 de novembro, ás 16:00 horasCasa da Cultura Quiroga Lugo
Domingo 21 de novembro, ás 17:30 horasEdificio Multiúsos Santa Comba A Coruña
Mércores 24 de novembro, ás 12:00 horasPraza Roxa Cedeira A Coruña