FALAREDES 2021
Elisa e Marcela
Chega ao FalaRedes o multipremiado espectáculo Elisa e Marcela, da compañía teatral A Panadaría. Trátase dunha peza baseada nunha historia real: o primeiro matrimonio entre dúas mulleres de que temos constancia en Galicia. Elisa e Marcela fala da diversidade desde o humor, a música e a perspectiva de xénero e aspira a recuperar a memoria dun feito da nosa historia do que este 2021 se fan os 120 anos.
| Axenda de FalaRedes 2021. Elisa e Marcela | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Xoves 7 de outubro, 21:00 horas | Centro Cultural Xuvenil | Muros | A Coruña |
| Sábado 9 de outubro, 21:00 horas | Centro Sociocomunitario de Caión | A Laracha | A Coruña |
| Domingo 10 de outubro, ás 19:00 horas | Pazo da Cultura | Narón | A Coruña |
| Luns 11 de outubro, ás 21:00 horas | Pazo de Emilio Pardo Bazán | Sanxenxo | Pontevedra |
| Martes 12 de outubro, ás 21:00 horas | Teatro Principal | A Estrada | Pontevedra |