FALAREDES 2021
O ogrocho
A compañía Teatro de Ningures trae ao FalaRedes esta peza para público infantil e familiar protagonizada por un pequeno ogro de seis anos que descobre as características que o diferenzan do resto do alumnado ao comezar o colexio. O ogrocho aborda temas como a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade ou o engano para amosarlles aos nenos e nenas a complexidade de ser persoa.
Verémolo este outono no Grove, A Cañiza, Zas, Cuntis e as mancomunidades Terras da Mariña Lucense e Terras de Celanova.
| Axenda de FalaRedes 2021. O ogrocho | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Sábado 6 de novembro, ás 19:00 horas | Centro Sociocultural de Baio | Zas | A Coruña |
| Venres 12 de novembro, ás 18:00 horas | Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey | O Grove | Pontevedra |
| Sábado 20 de novembro, ás 19:00 horas | Centro Sociocultural e xuvenil José Raído "Patelas" | Cuntis | Pontevedra |
| Domingo 21 de novembro, ás 19:00 horas | Salón de actos Manuel Lourenzo. Centro Sociocultural | O Valadouro | Lugo |
| Domingo 28 de novembro, ás 17:00 horas | Casa da Cultura | A Cañiza | Pontevedra |
| Sábado 11 de decembro, ás 12:00 horas | Multiúsos | Frades | A Coruña |