Volver

#ACULTURASEGUE

Cantos de Salitre. Oito espazos para a identidade cultural galega. Xabier Díaz

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

8 vídeos rodados en 8 lugares de referencia para a cultura e o patrimonio de Galicia, onde Xabier Díaz (só ou acompañado doutros artistas) interpretará cadansúa peza musical autoral, contemporánea ou tradicional. As localizacións, ligadas ao Camiño de Santiago, son as seguintes: santuario da Virxe da Barca, torres da Catedral, Museo do Mar, os pendellos de Agolada, Ribeira Sacra e San Pedro de Rocas, complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis, praia das Catedrais e pallozas dos Ancares. O proxecto ten a finalidade de fomentar o turismo cultural, o sentimento de orgullo pola terra, a lingua e a música galegas.

Os pendellos de Agolada - Cantar de Salcedo e Muiñeira e Xota de Alén

Aquis Querquennis - Muiñeira e Xota do Canizo

Museo do Mar - Maneo e Muiñeira de Arnados

Santuario da Virxe da Barca - Alalá de Muxía

Piornedo - Sega de Vilaver / Moliñeira de Degrada e Xota de Candín

Praia das Catedrais - Cantar e Muiñeira de Monzo

San Domingos de Bonaval - Muiñeira riscada e Danza de S.Salvador de Padreiro

San Pedro de Rocas - Canto de Moscoso / Pateado e Muiñeira do Pereiro