Volver

NADAL EN REDE 2021

Crebanoces

Un ano máis Os Bolechas presentan a súa xira de Nadal, un espectáculo para toda a familia que chegará a 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Volven os Bolechas cunha trepidante aventura chea de diversión que atrapará a cativada desde os primeiros instantes.

Os Bolechas están a preparar a carta a Papá Noel pero a cousa complícase e deciden seguir o labor comendo noces, que así pensan mellor. Mais as noces teñen a casca moi dura e escachan os dentes… Os Bolechas collen un crebanoces na cociña pero tampouco vale: agora trillan os dedos. Entón alguén chama á porta e aparece… un enorme crebanoces de Nadal chegado directamente desde Alemaña para axudalos. Mais ao pouco de empezar, o convidado fica inmóbil. Os Bolechas chaman ao 112 e a médica descobre que non é humano, é un boneco de corda, pero falta a chave para volver a activalo. Poderán os Bolechas recuperar o seu crebanoces de Nadal?

       Axenda de Crebanoces 2021. Crebanoces
Data e hora Lugar Concello Provincia
18 de decembro, 18:00 horasAuditorio do Edificio MultiúsosSanta Comba A Coruña
19 de decembro, 18:30 horasAuditorio MunicipalVimianzoA Coruña
23 de decembro, 16:30 horasSalón de Actos da Casa do ConcelloAbadín Lugo
26 de decembro,18:00 horasAuditorio MunicipalVerín Ourense
29 de decembro,18:00 horasCasa da CulturaViana do Bolo Ourense
30 de decembro,18:00 horasAuditorio Centro SocioculturalNegreira A Coruña
2 de xaneiro,12:30 horasCentro Social Polivalente en Viaño PequenoTrazo A Coruña
4 de xaneiro,18:00 horasAuditorio Municipal Cine AloviAs Pontes  A Coruña