Volver

#ACULTURASEGUE

Aurora e Aller. Benjamín Otero Otero

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Vídeo que busca ilustrar a través da música e do relato a descrición dunha aurora boreal visible desde Galicia no ano 1938.  A gravación realizouse na Casa Museo do astrónomo e párroco lalinense don Ramón María Aller Ulloa, empregando fragmentos da súa obra Astronomía a ollo ceibe.

Este audiovisual persegue os obxectivos de promover tanto a figura do astrónomo Ramón María Aller como o uso do galego no eido científico. O traballo contou co asesoramento lingüístico de Marta Negro e o asesoramento literario de Celso Fernández Sanmartín.