Volver

#ACULTURASEGUE

Elisa e Marcela en 10 imaxes. Xosé Ramón Nóvoa

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental en 10 breves capítulos que conta a historia do matrimonio de Elisa e Marcela na Galicia de comezos do século XX. O casamento converteuse nun suceso con repercusión internacional coñecido como o "matrimonio sen home". O audiovisual percorre os ugares polos que transcorreu a vida das dúas  mulleres protagonistas: 10 puntos da Coruña; a cidade do Porto e Buenos Aires, onde, como tantas galegas da época, acabaron a súa viaxe. Complétase coas historias paralelas de Picasso e de Sellier, o fotógrafo que as retratou, autor da primeira película española.