#ACULTURASEGUE
Xoias: dez anos de conversas en todos os galegos. Jairo Iglesias Martínez
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Documental que se constrúe coa recompilación, ao longo de dez anos, de entrevistas a persoas de toda Galicia: empresarios, redeiras, gandeiros..., cos que se manteñen conversas espontáneas sobre temas variados.
Ao final, o lingüista Xosé Manuel Sánchez Rei comenta a diversidade lingüística que a reportaxe amosa. Porque, se o que se relata é importante, a lingua en que se relata debuxa un panorama dunha relevancia cultural extraordinaria.