Volver

#ACULTURASEGUE

A nena que vivía nunha caixa de mistos. Caramuxo Teatro

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Serie de sete capítulos dirixida a público familiar e inspirada no conto popular A vendedora de mistos, de Hans Christian Andersen.

Os episodios -gravados en Melide, Arzúa e Betanzos- tratan o tema da pobreza infantil e da orfandade cunha mensaxe positiva sobre o poder do cambio.

Realizados por Caramuxo Teatro e protagonizados por Laura Sarasola, contan con monicreques de Iker Pérez e inclúen ilustracións animadas de Elena Pereira na cabeceira e créditos finais. A banda sonora orixinal é de Alma Sarasola e Fernando Román.

Capítulo 1 - A nena 

Capítulo 2 - Un ganso como veciño

Capítulo 3 - Gata e ganso

Capítulo 4 - O aniversario

Capítulo 5 - A gata

Capítulo 6 - O roubo

Capítulo 7 - Uns zapatos novos