Volver

#ACULTURASEGUE

A ruta galega da Habana. Grupo de comunicación Galicia en el Mundo SL

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental sobre a pegada da colectividade galega en Cuba elaborado coa colaboración da cátedra da Cultura Galega da Universidade da Habana.

Nel móstranse lugares emblemáticos como a Aduana, o Cruceiro Galego, a estatua do Cabaleiro de París, o Café Europa, o hotel Ambos os Mundos, a librería A Moderna, o café La Puerta del Sol, o Gran Teatro etc., que forman parte dunha ruta turística deseñada para dar conta da presenza galega en Cuba. O guión e dirección do documental son do xornalista Pablo López.