#ACULTURASEGUE
Pandeiro beat. Este pandeiro que toco. Noente Paradise
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Vídeo-creación sobre un tema musical orixinal do libro-CD Concha do Canizo. Este pandeiro que toco, traballo que aborda as prácticas músicais do pandeiro a través da intérprete máis singular e virtuosa das documentadas en Galicia, Concha Luís Seoane do Canizo (1920-2014).
No videoclip reelaboráronse materiais musicais, literarios e lingüísticos tomados das gravacións recuperadas no dito libro-CD. A interpretación corre a cargo de Gabi Reboredo (voz e pandeiro), Iván Vilela (viola caipira) e Pablo Castaño (saxo soprano).