#ACULTURASEGUE
Ahí ven o Maio. Tamboura Films
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Microdocumental de memoria poética e musical sobre Ahí ven o Maio, o primeiro disco de Luis Emilio Batallán, publicado en 1975. O proxecto busca dar a coñecer, da man do compositor e cantautor, o significado deste traballo, así como historias e detalles sobre a época que hai detrás de cada canción, anécdotas e referencias á relación cos poetas autores dos textos sobre os que se compuxeron os dez temas do disco, dos que neste documental se poden escoitar novas versións do propio Batallán.