FALAREDES 2022
(Algunhas) Cousas de Castelao
Este espectáculo nace da fusión entre o traballo que o actor Fran Rei vén desenvolvendo desde o ano 2017 no Obradoiro de Dramatización e Teatro da asociación Avante e da súa propia experiencia previa na creación e produción da peza Retrincos de Castelao, de Culturactiva Producións.
A partir de textos do xenio de Rianxo, principalmente procedentes das súas obras Cousas e Retrincos, actores e actrices con diversidade funcional comparten protagonismo cos profesionais Isabel Risco e Fran Rei, con quen poñen en escena unha proposta para todos os públicos que pasea, entre o drama e a comedia, pola maneira que tiña Castelao de ver a Galicia do seu tempo: as festas populares, as xentes do mar, a retranca, o idioma, a morte, o humor, o medo… temas locais e universais que se enfocan nesta obra desde a particularidade galega.
(Algunhas) Cousas de Castelao estará a partir de maio en sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Tordoia, Cerceda, Ordes, Oroso, Santa Comba, Val do Dubra e A Baña.
| Axenda de FalaRedes 2022. (Algunhas) Cousas de Castelao | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| Aprazado | Centro Cultural Fernando Casas de Novoa de Sigüeiro | Oroso | A Coruña |
| 3 de xuño, ás 19:00 h | Casa da Cultura | A Baña | A Coruña |
| 30 de setembro, ás 20:00 h | Auditorio Edificio Multiusos | Santa Comba | A Coruña |
| 7 de outubro, ás 19:00 h | Auditorio Municipal | Val do Dubra | A Coruña |
| 14 de outubro, ás 19:00 h | Centro Sociocultural Isabel Cendal | Ordes | A Coruña |
| 28 de outubro, ás 20:00 h | Casa da Cultura | Tordoia | A Coruña |
| 29 de outubro, ás 20:00 h | Casa da Cultura | Cerceda | A Coruña |
| 26 de novembro, ás 20:00 h | Casa da Cultura de Sigüeiro | Oroso | A Coruña |