FALAREDES 2022
Levantarse e caer
Xabier Díaz chega ao programa de dinamización lingüística FalaRedes cunha proposta musical de luxo destinada ás familias con bebés e, moi especialmente, aos pais e nais que optan por transmitirlles a lingua galega aos seus fillos e fillas.
Levantarse e caer. Arrolos e abrentes é o novo disco de Xabier Díaz, quen o presentará en Mos e en Ribeira da man da Rede de Dinamización Lingüística.
- Concerto en Mos: Sábado, 30 de abril, ás 18:00 h no Auditorio de Torroso
- Concerto en Ribeia: Domingo, 1 de maio, ás 18:00 h no Auditorio Municipal