Volver

#ACULTURASEGUE

Gastro(E)Ciencia. A análise científica do produto galego. Esmerarte Industrias Creativas

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Audiovisual en que o reputado cociñeiro Pepe Solla reúne arredor dunha mesa do seu restaurante diferentes membros da comunidade científica para que lle acheguen o seu saber acerca de oceanografía, xeoloxía, bioloxía, física ou química. Mentres se degustan produtos galegos, faise unha análise técnica exhaustiva das características (microclimas, correntes marítimas, tipos de solo, temperaturas, cadeas de nutrientes, partículas ambientais...) que os fan únicos, na procura dunha cooperación entre gastrónomos e científicos que demostre de maneira indiscutible e obxectiva a calidade da despensa galega.