Volver

A parroquia do Alén. Ab Origine Antropoloxía Produción e Xestión Cultural

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental que recolle e dá a coñecer dun xeito ameno, didáctico e dinámico os diversos aspectos que configuran a cultura da morte en Galicia.

Mediante un rigoroso percorrido antropolóxico polas catro provincias galegas, amosa as diferentes crenzas, tradicións e ritos que configuran a particular forma de relacionarse coa morte e cos defuntos, un dos aspectos máis salientables da cultura galega.

O obxectivo último deste proxecto é contar cunha ferramenta audiovisual que permita á vez a divulgación e a conservación deste legado cultural inmaterial.