Volver

Os camiños do neno labrego. Noveolas Producciones

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental divulgativo que xurdiu por iniciativa da Fundación Neira Vilas e que pretende dar a coñecer un roteiro en Gres-Vila de Cruces, aldea natal de Xosé Neira.

A proposta, que naceu para conmemorar o 60 aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, xira arredor desta obra e ofrécelle ao espectador un roteiro cultural no que se retratan lugares singulares como as Insuas de Gres, Ponte Ledesma, a Casa da Capela, a igrexa de Santiago de Gres, a Casa do Romano, o Pazo de Calderón ou o serradoiro e Castromouro.

Ademais do produtor Simone Saibene, formaron parte do equipo de produción o cineasta e autor Marcos Nine e o director de fotografía Jairo Iglesias.