Volver

FALAREDES 2022

Valentina

Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e moitas cancións, anímaa sempre a perseverar: “Se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!” Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para se converter en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia, a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?

Axenda de FalaRedes 2022. Valentina
Data e horaLugarConcelloProvincia
Martes, 12 de xullo.
Ás 10:30
Multiúsos da Praza do ConcelloAviónOurense
Luns, 25 de xullo.
Ás 20:30
Praza do ConcelloBarreirosLugo
Martes, 2 agosto.
Ás 12:00
Pavillón do colexio público AstarizCastrelo de MiñoOurense
Luns, 8 agosto.
Ás 11:00
Horta do MuíñoOutesA Coruña
Domingo, 14 agosto.
Ás 21:30
Praza da Santa MaríaO ValadouroLugo
Domingo, 14 agosto.
Ás 22:00
Área Recreativa Manuel Gonzalez CapónBarallaLugo
Luns, 22 agosto 2022.
Ás 10:00
Área recreativa da Rocheira (salón de actos do edificio interxeracional)CoristancoA Coruña
Luns, 22 agosto 2022.
Ás 11:00
Patio do CPI ProgresoCatoiraPontevedra
Xoves, 25 agosto.
Ás 21:30
Claustro do Mosteiro San Salvador de Vilanova de LourenzáLourenzáLugo
Mércores, 21 setembro.
Ás 18:00
Casa da Cultura do MilladoiroAmesA Coruña