FALAREDES 2022
Falando a música
"Falando a música", de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero, é un concerto didáctico que mostra e pon en valor o noso patrimonio cultural musical, e fala da música como manifestación cultural esencial para os humanos. Está dirixido a todo tipo de público, pois achega información relevante sobre a nosa evolución como especie e os procesos de evolución cultural.
- 10 de agosto, ás 20:30 h, na praza do Concello de Sober
- 20 de agosto, ás 20:00 h, na Alameda de Santo Domingo de Tui
- 26 de setembro, ás 18:00 h, na praza do Concello de Lalín
- 25 de novembro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Ordes
- 26 de novembro, ás 11:00 h, no Auditorio Municipal de Ribeira
- 26 de novembro, ás 19:00 h, en Cercio (Lalín)
- 27 de novembro, ás 19:00 h, no Auditorio Municipal de Cariño