FALAREDES 2022
Festa miúda
"Festa miúda" é unha xornada de celebración con música e teatro para o público infantil e familiar. Un espazo festivo onde compartir, escoitar e divertirse en galego. Unha tarde enteira para cantar, contar e bailar con Charo Pita coa súa “Familia Papaventos”, a quen seguirá a “A fiestra dos soños” de Trotaventos e, para pechar, os contos, historias e monicreques de Pablo Sánchez, Pablísimo.
- 1 de setembro, ás 19:00 h, na Praza dos Barcos (Sanxenxo)