Volver

FALAREDES 2022

As Alumnas

Chega ao FalaRedes unha peza teatral pensada para público de máis de 14 anos e destinada a poñer en valor a educación en lingua galega e a igualdade, ao tempo que se reivindica a figura da pedagoga coruñesa María Barbeito.

Escrita por Paula Carballeira e dirixida por Fina Calleja, está interpretada por Mónica Camaño e Anabell Gago.

  • 13 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Quiroga
  • 24 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Celanova
  • 30 de novembro ás 21:00 horas no Centro Ágora da Coruña
  • 4 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadeo