FALAREDES 2022
Ñam!
A compañía Caramuxo, pioneira no teatro para bebés en Galicia, trae ao FalaRedes dúas representacións da súa coñecida peza Ñam! para nenos e nenas de un a seis anos e as súas familias.
Con elas complementa o proxecto audiovisual homónimo presentado ao fondo TeCeRedes, que poderá verse proximamente no Portal da Lingua Galega. Ñam! é unha proposta teatral creada a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia. Comer é un pracer, pero antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos, porque as mazás poden ser verdes ou vermellas; as galletas grandes ou pequenas, salgadas ou doces; os tomates da casa ou do outro lado do mundo.
Ñam! estará no Auditorio Municipal de Cerceda o vindeiro 20 de novembro con dous pases, un ás 11.30 horas e outro ás 13:00 horas.