FALAREDES 2022
Xogar, aprender, medrar
Xornadas de xogos de mesa en galego para promover o xogo en familia e a normalización da lingua.
Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.
| Axenda de FalaRedes 2022. | |||
| Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| 16 de outubro, ás 11:00 h | Feira do Libro | Lalín | Pontevedra |
| 23 de outubro, ás 12:00 h | Recreo Cultural | A Estrada | Pontevedra |
| 24 de outubro, ás 17:30 h | Casa da Cultura | A Baña | A Coruña |
| 5 de novembro | pendente | Outes | A Coruña |
| 12 de novembro, ás 12:00 h | Biblioteca Municipal A. Castelao | Betanzos | A Coruña |
| 19 de novembro, ás 11:00 h | Antiga Biblioteca (Castro de Ribeiras de Lea) | Castro de Rei | Lugo |
| 20 de novembro, ás 17:00 h | Aula de Formación | Xove | Lugo |
25 de novembro, ás 17:00 h 26 de novembro, ás 16:00 h | Culturgal | Pontevedra | Pontevedra |
| 30 de novembro, ás 18:00 h | Casa da Cultura | Monforte de Lemos | Lugo |
| 7 de decembro, ás 17:00 h | Casa da Cultura | Corcubión | A Coruña |
| 10 de decembro, ás 11:00 h | Casa da Cultura | Burela | Lugo |