Xoias románicas da Ribeira Sacra. Peragallo
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Vídeo 360 graos que conta cun grao de interactividade maior ca un vídeo convencional, xa que lle permite ao espectador escoller o punto de vista desde o que observa. Mostra os tesouros románicos da Ribeira Sacra, co obxectivo de reforzar a oferta cultural e creativa e poñer en valor a arquitectura, patrimonio e paisaxe deste enclave e a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.