Palabras andadeiras. Soledad Felloza
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Dez podcasts con historias para acompañar o teu Camiño de Santiago, para dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial do Camiño Portugués.
Cada programa contén seccións orientadas a descubrir o patrimonio material (bens culturais, etnográficos, arquitecturas, a configuración da paisaxe), inmaterial (tradición oral, lendas, gastronomía, literatura, historia), natural e humano.
O proxecto está destinado a visitantes, peregrinos e excursionistas que están a planificar ou a facer o Camiño de Santiago.