O outro lado da pantalla. María Yáñez
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Vídeo-ensaio sobre a historia de Internet en Galicia.
No XXX aniversario da rede galega, María Yáñez pretende trazar un percorrido polas iniciativas e contidos de carácter lúdico e social que se foron xerando neste período nas diversas plataformas dixitais. O formato vídeo-ensaio permítelle combinar a divulgación, a experimentación e a voz subxectiva da autora.
O desenvolvemento do proxecto parte dun traballo de documentación e de recuperación de arquivos visuais que pode complementarse con outros recursos: entrevistas, testemuños, voz en off…