Fálame sempre. Humberto Corral
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Miniserie documental de tres capítulos que ten por obxectivo documentar un fenómeno lingüístico e cultural: o galego do Bierzo.
As protagonistas poñen en valor tres puntos de vital importancia para a conservación dunha lingua: a tradición oral, o apoio institucional nas escolas e a súa consagración como expresión artística.