Volver

Senda Litoral de Galicia. Ilux Visual Technologies

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Peza audiovisual sobre a Senda Litoral de Galicia gravada en lugares representativos pola súa riqueza paisaxística ou cultural (sendas, acantilados, muíños, capelas...) co obxectivo de reforzar a oferta cultural, artística e de lecer en galego, fomentar o coñecemento e o respecto pola paisaxe e, sobre todo, amosar Galicia como destino turístico de costa e natureza. O vídeo 360 graos permite a visión do campo de imaxe en todas as direccións.