Volver

As testemuñas silenciosas. Arturo Ferreiro Herves

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Reportaxe documental divulgativa acerca dos cruceiros galegos. Da man de persoeiros especializados na historia, na antropoloxía e no sector cultural, e tamén profundando nos estudos de Castelao e de Manuel Murguía, faise unha viaxe polos cruceiros máis representativos de Galicia. Fálase da súa orixe e historia, dos elementos que os compoñen, dos tipos existentes, da súa relación coa toponimia ou de lendas, crenzas e tradicións relacionados con eles.