Volver

As luces do Camiño. EMEPA

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Proxecto dedicado aos faros de Galicia e aos Camiños de Santiago relacionados con eles. Como resultado, creouse o videoclip dunha canción inédita interpretada polas voces de artistas profesionais galegos e de nenos e nenas de 8 localidades costeiras.

As localizacións dos videoclips están en oito faros emblemáticos da costa galega (Fisterra, Silleiro, Corrubedo, Punta Cabalo...). A letra da canción, que pode verse tamén en linguaxe de signos, está relacionada cos camiños e cos faros e achega unha mensaxe de vida e de positividade.