De Cántigas da Terra a Miro Casabella. Cántigas da Terra
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Documental en que a Aula de Zanfonas de Cántigas da Terra, liderada por Miro Casabella, inicia unha investigación sobre este instrumento. Inclúe unha visita ao obradoiro do Xaneco, músico e mestre luthier que está a rematar unha zanfona encargada por Miro; ao Pórtico da Gloria, onde se ven os instrumentos esculpidos polos artesáns do Mestre Mateo e a interpretación de diversas pezas.