Os retrousos da Quenlla. Music Arte Rey Saavedra
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Reportaxe con elementos de videoclip e de crónica docudramática en que o grupo A Quenlla recrea musicalmente 10 cantigas dun dos primeiros trobadores en lingua galega, Martín de Padrozelos.
O traballo, dirixido por Xoán Piñeiro, pretende recuperar e actualizar a obra deste autor a partir da interpretación das súas cantigas realizada por A Quenlla e promover a investigación e a innovación en materia cultural e lingüística. A poeta Goretti Fariña foi a responsable do guión.