Os Bolechas presentan... Un Nadal máxico
Trucos, feitizos e moita maxia, Os Bolechas regresan polo Nadal co seu espectáculo para levar a ilusión aos fogares galegos. Coa axuda do supermago Danubio e do público, a aprendiz Loli intentará facer os mellores trucos de maxia e transportará a cativada a un universo de ilusión onde todo é posible, mesmo facer desaparecer algún dos seus irmáns. Será a maga Loli capaz de traer de volta os seus irmáns coa súa variña máxica?
Abracadabra, vide a descubrir o poder da maxia a:
- Ramirás, 15 de decembro: Salón de actos do Picouto ás 12:00 h
- Vimianzo, 22 de decembro: Auditorio da Casa da Cultura ás 18:00 h
- Ribadavia, 23 de decembro: Auditorio da Casa da Cultura ás 18:00 h
- A Rúa, 27 de decembro: Centro Cultural Avenida ás 18:30 h
- Sanxenxo, 28 de decembro: Auditorio Emilia Pardo Bazán ás 17:00 h
- Abadín, 29 de decembro: Auditorio da Casa do Concello ás 17:00 h
- Trazo, 30 de decembro: Centro Social Polivalente ás 17:00 h
- Cambados, 4 de xaneiro: Salón de Congresos José Peña ás 18:00 h
- Boqueixón, 5 de xaneiro: Casa da Cultura ás 17:00 h
- Foz, 7 de xaneiro: Sala Bahía ás 12:00 h