Made in Galiza de Séchu Sende
Unha obra que abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove.
Made in Galiza transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido, con pouso. Un xeito de seducir en cuestións de lingua, non de impoñer nada a ninguén.
En Made in Galiza podemos topar un mosaico de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións e unha palabra común. Tamén grupos de personaxes moi diferentes, un ladrón de palabras, mozos namorados, homes e mulleres desorientados, unha vendedora de palabras...
A peza converte temas complexos en experiencias accesibles para todo o mundo e a verdadeira protagonista da obra é a actitude das persoas falantes respecto da súa propia lingua. No centro da súa obra, Sende coloca a defensa da lingua galega e a fe do poder transformador da palabra.
- Concello de Allariz, o día 7/4, na Casa da Cultura de Allariz, ás 20.00 h
- Concello de Viveiro, o día 12/4, no Teatro Pastor Díaz ás 20.30 h
- Concello de Negreira, o día 26/04, no Auditorio Afonso Eanes, ás 20.30 h
- Concello de Padrón, o día 10/05, no Auditorio Casa da Cultura, ás 12.30 h
- Concello de Bueu, o día 19/05, no Auditorio Centro Social do Mar, ás 19.00 h