'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta As chaves do tempo. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024.
Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupi siciliano e un Kamishibai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica do reino de Galiza e a súa relación coa coroa de Castela. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galicia, e seguirán o seu camiño.
Representacións
- Concello de Valga. 3 de maio, 18.30 h, Auditorio de Valga
- Concello de Vilagarcía. 4 de maio, 12.00 h, Salón García
- Concello do Carballiño. 4 de maio, 19.30 h, Auditorio do Carballiño
- Concello de Palas de Rei. 10 de maio. 17.00 h, Casa da Cultura
- Concello de Chantada. 11 de maio. 11.30 h, Praza do Cantón
- Concello de Vilalba. 12 de maio, 19.00 h, Praza da Constitución
- Concello de Carral. 16 de maio, 18.00 h, Edificio Social Toñito Espiñeira
- Concello de Aranga. 17 de maio, 12.00 h, Campo da feira da Castellana
- Concello da Estrada. 18 de maio, 12.00 h, Rúa Calvo Sotelo
- Concello de Muxía.18 de maio, 18.30 h, Biblioteca Municipal
- Concello de Castro Caldelas. 19 maio, 18.30 h, Praza do Prado
- Concello de Manzaneda. 25 de maio, 11.30 h, Centro de Día
- Concello San Xoán de Río. 25 de maio, 18.00 h, Praza da Igualdade
- Concello de Castro Caldelas. 23 de xuño, 18.30 h, Praza do Prado
- Concello da Estrada. 28 de xuño, 18.30 h, diante da sala Abanca na rúa Calvo Sotelo