Orgullo da nosa lingua
A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en maio e xuño a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boiro, Cambados, Ribadeo e Betanzos.
A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo.
A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá as persoas asistentes en horario establecido por cada concello. A través dun código QR, os viandantes tamén poderán interactuar desde os seus móbiles e participar no sorteo de distintos premios (entradas, lotes de libros, cadernos...).
- Boiro, do 6 ao 12 de maio, na Rúa Peonil
- Cambados, do 13 ao 19 de maio, no Paseo da Calzada
- Ribadeo, do 20 ao 26 de maio, na Praza de España
- Betanzos, do 27 de maio ao 2 de xuño, na Praza dos Irmáns García Naveira