Volver

“Cantigaéverso” de Castro&Welicki

Unha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) no programa FalaRedes onde a música e a literatura son protagonistas.

"Cantigaéverso" é o título deste proxecto musical no que Francisco Castro e Federico Welicki repasan e revisitan os clásicos da poesía galega musicada.

Os dous músicos en escena, reforzados por un percusionista e una corista, fan unha viaxe completa pola historia das composición poéticas que versionaron os nosos grandes músicos. Durante a actuación, mestúrase a explicación e a música poetizada. Unha experiencia musical na que se escoitarán arredor de quince cancións interpretadas e cantadas por Castro&Welicki, todas elas importantes poemas de importantes poetas da nosa tradición literaria.

Calendario

  • 02/08/2024. Vilagarcía de Arousa. Salón García. 20:30 h
  • 30/08/2024. A Estrada. Zona dos Viños. 20:30 h
  • 31/08/2024. Forcarei. Soutelo do Montes. 22:00 h
  • 01/09/2024. Porto do Son. Praza do Curro. 13:00 h
  • 07/09/2024. Santiago de Compostela. Monte do Gozo. 12:45 h
  • 08/09/2024. Vigo. Museo do Mar de Galicia. 18:00 h
  • 13/09/2024. Sober. Praza do Concello. 20.30 h
  • 28/09/2024. Triacastela. Praza do Concello. 18:00 h
  • 29/09/2024. Vigo. Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valadares. 19:00 h