Volver

Obradoiros de banda deseñada

FalaRedes leva obradoiros de banda deseñada a 25 destinos diferentes cunha nova proposta de dinamización do uso da lingua galega.

Os obradoiros dirixidos á infancia, mocidade ou público adulto, segundo as preferencias do concello anfitrión, van achegarlles a todas as persoas que participen os elementos da linguaxe narrativa visual do cómic. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, unha nova forma de narrar nacerá das nosas mans.

Quen vai impartir os obradoiros:

  • Manel Cráneo, quen ademais coordina o proxecto, e que presentará para o público adulto a súa nova novela ilustrada “Cinza”.
  • Inés Vázquez, a recoñecida ilustradora que baseará o obradoiro para público infantil e xuvenil na súa nova obra “Aldara”.
  • Alberto Guitián, quen, como bo humorista gráfico e ilustrador, nos levará ao mundo da creación de personaxes.
  • Irene Sanjuán, ilustradora, imparte obradoiros de personaxes dirixidos á infancia e mocidade.

AXENDA

  • Xove. Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. 21/10/2024 ás 16.30 h. Salón de actos Illa de Sarón
  • Arnoia. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 21/10/2024 á 12.00 h. Biblioteca San Salvador
  • Santiago de Compostela. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 22/10/2024 ás 19.00 h. Biblioteca Ánxel Casal
  • Vilanova de Arousa. Obradoiro banda deseñada de Inés Vázquez. 22/10/2024 ás 11.00 h. Teatro Auditorio Valle-Inclán
  • Pazos de Borbén. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 23/10/2024 ás 13.00 h. Salón de actos Curros Enríquez
  • Celanova. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 23/10/2024 ás 18.30 h. Biblioteca Municipal
  • Chandrexa de Queixa. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 24/10/2024 ás 12.00 h. Casa da Cultura
  • Monterrei. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 24/10/2024 ás 17.00 h. Hospital de Peregrinos
  • A Baña. Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. 24/10/2024 ás 11.00 h. Biblioteca do CPI San Vicente
  • Moraña. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 24/10/2024 ás 18.00 h. Biblioteca Municipal
  • A Pobra de Trives. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 25/10/2024 ás 13.00 h. Salón de actos Xermán Ancochea
  • Marín. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 26/10/2024. 12.00 h. Aula CEMIT
  • Fene. Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. 28/10/2024. 12.00 h. Salón de actos Xaquín Marín
  • Rodeiro. Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. 29/10/2024 ás 11.00 h. Biblioteca do CPI de Rodeiro
  • Ribadumia. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 29/10/2024 ás 13.30 h. Biblioteca do CPI Julia Becerra Malvar
  • Teo. Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. 31/10/2024 ás 11.00 h. Casa común de Oza
  • Abegondo. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 31/10/2024 ás 12.00 h. Aula CEMIT
  • Mondariz. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 07/11/2024 ás 11.55 h na Biblioteca do CPI Mondariz
  • Porto do Son. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 07/11/2024 ás 18.00 h. Biblioteca Municipal
  • Melide. Charla obradoiro de Manel Cráneo. 08/11/2024 ás 12.00 h Biblioteca do IES de Melide
  • Rianxo. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 08/11/2024 ás 19.00 h. Auditorio de Rianxo
  • Burela. Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. 09/11/2024 ás 11.00 h. Casa da Xuventude
  • Centro Cultural de Valadares. Vigo. Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. 09/11/204 ás 12.00 h.
  • Narón. Obradoiro de banda deseñada de Irene Sanjuán. 09/11/2024 ás 17.30 h. Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez