Volver

Pelica de burra

O FalaRedes 2025 ábrese con narración oral (a cargo de Vero Rilo) e música (a cargo de Luís Iglesias) para os máis pequenos da casa e trasládanos ao ano 2735. Pelica de Burra viaxa no tempo e chega a un futuro sen xogos, sen música… así que decide regresar ao pasado para recoller as palabras perdidas e devolverllas a un porvir que será, sen dúbida, moito máis luminoso.

Pelica de Burra ofréceselles aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística en dous posibles formatos: obradoiro para bebés (0-3 anos) en grupos reducidos ou espectáculo familiar.

Velaquí o calendario de actuacións:

Calendario

  • 04/04/2025. Ribadavia. 17:30 h. Auditorio da Casa da Cultura
  • 05/04/2025. Ponteareas. 12:00 h. Auditorio
  • 19/04/2025. Nigrán. 18:00 h. Praza da Biblioteca
  • 26/04/2025. Ribeira. 12:00 h. Centro Cultural Lustres Rivas
  • 26/04/2025. Rianxo. 19:00 h. Pazo do Martelo
  • 27/04/2025. Ferrol. 12:00 h. Capela Torrente Ballester
  • 09/05/2025. Moaña. 18:00 h. Comunidade de Montes A Tinoura
  • 10/05/2025. Silleda. 12:00 h. Praza do Señor Afrani
  • 10/05/2025. Quiroga. 17:00 h. Casa da Cultura
  • 11/05/2025. Ribadeo. 17:30 h. Auditorio Hernán Naval
  • 23/05/2025. Ponteceso. 18:30 h. Biblioteca municipal
  • 24/05/2025. Teo. 11:00 h. Centro Cultural A Pontevella
  • 25/05/2025. Redondela. 12:00 h. Alameda Rosalía de Castro (Chapela)
  • 25/05/2025. Santa Comba. 17:30 h. Salón de actos do Multiúsos 
  • 30/05/2025. Carnota. 17:30 h. Salón de actos do Concello